Inicio Galicia A Xunta apoia a oito editoriais con axudas para a publicación en...

A Xunta apoia a oito editoriais con axudas para a publicación en lingua galega de recursos didácticos dotadas con 200.000 euros

0
image_gallery.jpg

Esta orde de subvencións incrementa o seu orzamento nun 18% con respecto aos anos anteriores


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e da que se beneficiarán un total de oito editoriais. Este ano estas axudas están dotadas con 200.000 euros, o que supón un incremento do 18% con respecto aos anos anteriores.

As editoriais beneficiarias son Xerme Edicións, Edicións Obradoiro, Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira (Edebé), Edicións Xerais de Galicia, Editorial Luis Vives, Editorial Vicens Vives, Happy Family e Instituto para el Desarrollo Creativo y Cultural.

Os proxectos editoriais presentados foron valorados en función de tres parámetros: a orixinalidade da obra, súa calidade e o feito de que se trate de materiais curriculares destinados exclusivamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ou á formación profesional específica. No caso da orixinalidade, tiveron prioridade os traballos de creación propia, mentres que no parámetro da calidade mediuse a adecuación dos materiais didácticos ao currículo en función das actividades propostas, da relación dos contidos cos intereses e coñecementos do alumnado, do tratamento dos valores democráticos, da adecuación á realidade galega, da calidade de lingua e da adaptación desta ao nivel académico do estudantado.

Con esta convocatoria a Xunta de Galicia garante unha oferta ampla e con calidade científica e pedagóxica de material educativo en galego no ensino regrado, de xeito que –ao tempo que se favorece o tecido da industria editorial galega- se facilita o uso vehicular desta lingua nas aulas e a aprendizaxe no idioma propio de Galicia por parte do alumnado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre