Inicio Galicia A Xunta apoia a integración laboral de persoas con discapacidade a través...

A Xunta apoia a integración laboral de persoas con discapacidade a través de ?Avanza Inclusión? da entidade Íntegro

0

Destínanse máis de 80.000 euros ao desenvolvemento deste proxecto e de cursos de preparación de competencias clave entre este ano e 2020

Cabana de Bergantiños (A Coruña), 16 de novembro de 2018.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe durante unha visita ás instalacións dos centros de día e ocupacional da asociación Íntegro, a axuda que esta entidade presta a aqueles que máis a precisan para que poidan incorporarse ou reintegrarse no mercado laboral. Na actualidade a Xunta colabora con Integro na implantación de novos programas formativos dirixidos a persoas en risco de exclusión e, preferentemente, a aquelas que padecen diversidade funcional.

En concreto, a Consellería de Política Social destina a esta asociación bergantiñá máis de 80.000 euros financiados en parte polo Fondo Social Europeo para o desenvolvemento entre este ano e o 2020 de cursos de preparación de competencias clave e a posta en marcha do programa Avanza Inclusión. O obxectivo é mellorar a empregabilidade dos colectivos sociais máis desfavorecidos. Ademais, no caso da iniciativa Avanza Inclusión dáse prioridade ás persoas que teñan recoñecido algún tipo de discapacidade e que preferentemente sexan mulleres.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

No transcurso da visita Arturo Parrado enxalzou a importante tarefa de Íntegro e garantiu a continuidade do apoio da Xunta. Nesta liña, asegurou que o Goberno galego continuará a traballar polas familias e persoas máis desfavorecidas en coordinación coas entidades sociais e o resto de administracións.

Por último, destacou que a pesar de que a situación económica mellora e cada vez é maior o número de persoas que teñen un emprego, o Goberno galego segue a incrementar os recursos económicos contra a exclusión e a pobreza. De feito, o orzamento da área de Inclusión para 2019 medra un 3% en comparación a este ano, ata chegar a un montante global de 119 millóns de euros. Esta cifra supón un 70% máis do que a Xunta destinaba a esta finalidade hai nove anos. 


- Te recomendamos -