Inicio Galicia A Xunta apoia a colaboración de 10 galerías de arte en feiras...

A Xunta apoia a colaboración de 10 galerías de arte en feiras e mercados do sector a nivel nacional e internacional

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas, dotadas cun importe de 46.000 euros


Un total de 10 galerías de arte se beneficiarán das axudas da Xunta de Galicia para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia.

A suma total das axudas ascende a 46.000 euros, 16.000 euros máis da cantidade inicialmente prevista e que subvenciona gastos correntes xerados pola asistencia á feira, festival ou mercado cultural, así como os dereitos ou cotas de asistencia e alugueiro de espazos de exhibición. No caso de asistencia e participación en feiras fóra de Galicia, a subvención máxima é de 2000 euros e de 4000 no caso de que a feira sexa fóra de España.

Dentro dos requisitos estipulados para obter a condición de beneficiario atopábanse ter asistido a algunha feira entre xaneiro e novembro de 2019 e xustificar a inscrición como profesional dos asistentes á mesma, entre outros.

Cómpre destacar que estas axudas permitiron a participación das galerías beneficiarias en feiras de países como Estados Unidos, Portugal, Francia e Reino Unido.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre