Inicio Galicia A Xunta apoia a celebración do Congreso Nacional de Organizadores de Congresos...

A Xunta apoia a celebración do Congreso Nacional de Organizadores de Congresos que se celebrará en Galicia

0

A cita reunirá a empresas e profesionais vinculados co sector MICE en dúas sedes: Santiago de Compostela e A Coruña


Madrid, 25 de xaneiro de 2020.- A Xunta de Galicia, no seu obxectivo de impulsar o turismo de feiras, congresos e eventos, apoiará a celebración do 32º Congreso Nacional de Organizadores de Congresos. Trátase dunha cita anual que se celebrará o vindeiro mes na nosa Comunidade e que atraerá a Galicia a profesionais e empresas vinculadas a Palacios de Congresos, hoteis, espazos singulares e empresas audiovisuais.

Este apoio foi detallado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro que, no marco de Fitur, afondou na estratexia turística do Goberno galego no eido do sector MICE. Neste sentido, Nava Castro precisou que o Congreso Nacional de Organizadores de Congresos, que contará cunha sede en Santiago de Compostela e outra na Coruña, servirá para abordar temas clave como son a sustentabilidade, a transformación tecnolóxica, o destino e territorio como elementos de atracción, a seguridade ou a xestión de patrocinios, entre outras cuestións.

Como explicou a directora de Turismo, ter escollido Galicia para este encontro é froito da intensa actividade que a Comunidade galega leva desenvolvendo desde hai anos co obxectivo de incentivar este tipo de turismo. De feito, a Consellería de Cultura e Turismo lanzou recentemente unha liña de axudas dotada con medio millón de euros para apoiar a celebración de congresos en Galicia que recibiu máis de 200 solicitudes.

Ademais, Nava Castro anunciou que este ano 2020 será especial para o turismo de congresos en Galicia, xa que está previsto poder contar cun estudo que analice este segmento. Trátase dunha ferramenta na que o sector e a Xunta de Galicia traballan de xeito conxunto e que permitirá coñecer, entre outras variables, máis sobre este perfil de turista, o número de encontros que se realizan en Galicia, a súa tipoloxía ou a distribución temporal.

Turismo enogastronómicoOutra das liñas estratéxicas para o turismo en Galicia está centrada na enogastronomía. Neste marco, a directora de Turismo presentou en Fitur Galicia Sabe, a folla de ruta que axudará a definir prioridades e a planificar a actividade no turismo enogastronómico dos próximos anos. Durante a súa intervención, Nava Castro puxo de manifesto a oportunidade que supón para o rural galego este tipo de turismo e o impulso de itinerarios e rutas arredor de produtos agroalimentarios con identidade e tradición, amparados por Denominacións de Orixe, Identificacións Xeográficas Protexidas ou outras marcas de calidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre