Inicio Galicia A Xunta apoia a adegas da Ribeira Sacra luguesa con axudas que...

A Xunta apoia a adegas da Ribeira Sacra luguesa con axudas que superan os 703.000 euros e que permitiron mobilizar investimentos por máis de 1,9 millóns de euros

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo balance destes apoios durante a súa visita a adega Val da Lenda, en Sober


A Xunta de Galicia apoia as adegas da Ribeira Sacra lucense con axudas directas que superan os 703.240 euros e que permitiron mobilizar investimentos por valor de 1,9 millóns de euros, dirixidos a promover melloras nas súas instalacións e impulsar a súa actividade.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita a adega Val da Lenda, en Sober, onde aproveitou para facer balance destes apoios, “que contribúen ao fortalecemento dun sector, como é o do viño, estratéxico para a economía da comarca e da provincia”O groso das achegas proceden da Consellería do Medio Rural, a través das liñas de apoio á comercialización e transformación de produtos agrarios e das achegas do anterior Instituto Galego da Calidade Alimentaria. Pero tamén recibiron outras axudas con cargo aos recursos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ou do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), neste último caso, organismo pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Catorce adegas en catro concellosSegundo explicou Balseiro, ata o momento as achegas distribúense entre quince adegas, que decidiron acollerse ás distintas liñas de apoio dispoñibles, todas elas emprazadas nos concellos de Sober, Chantada, Pantón e O Saviñao. Con todo a maior parte das axudas descritas son de convocatoria anual e seguen o procedemento de concorrencia competitiva.

A estas subvencións directas teríamos que engadir outras iniciativas de apoio como as dirixidas a unir esforzos entre o mundo vitivinícola e a axenda turística, unha área na que Galicia está avanzando, con diversas actividades e eventos nos que a Ribeira Sacra é todo un referente.

E tamén terían que engadirse os apoios ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que ampara o traballo de máis de 2400 viticultores e das preto de 90 industrias inscritas neste selo de calidade.

Adega Val da LendaA produción de viño na adega Val da Lenda remóntase varias xeracións, pero desde 1991, o que ata entón era unha pequena empresa familiar converteuse nun dos pioneiros da Denominación de Orixe, dentro da zona de Amandi.

Os viñedos desta adega ocupan as ladeiras inclinadas das terrazas do rio Sil onde o tamaño pequeno e de difícil acceso, implican o desenvolvemento dunha viticultura que está cualificada como heroica.

Esta adega beneficiouse recentemente dunha axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel para a ampliación e acondicionamento dunha nova sala de embotellado, grazas a rehabilitación dunha edificación anexa. Isto permite dispoñer de espazos propios para o etiquetado e taponado de botellas, distintos aos destinados á elaboración do viño. Ao longo dos últimos anos tamén recibiu distintos apoios da Consellería do Medio Rural para a adquisición de equipamentos e para a implantación dun programa de rastrexabilidade e outras melloras en adega.

O delegado territorial estivo acompañado polo alcalde de Sober, Jose Luís Guitan, e polo presidente do GDR Ribeira Sacra Courel, José Manuel Arias, ademais de representantes do Consello Regulador da Denominación de Orixe, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre