Inicio Galicia A Xunta apoia a 8 proxectos de emprendemento feminino na comarca de...

A Xunta apoia a 8 proxectos de emprendemento feminino na comarca de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento de 54.000?

0

Estas axudas da Secretaría Xeral de Igualdade están dirixidas a fomentar o emprendemento feminino en Galicia


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, coñeceu o proxecto Mariana Castro Ferreiro de servizos de marketing e xestión de redes sociais para empresas, apoiado pola Xunta, e informou da resolución do programa Emega, programa que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial. Dito programa beneficiou este ano a un total de 8 iniciativas de mulleres na comarca de Bergantiños-Costa da Morte que contarán cunhas achegas totais de 54.000 euros para levar a cabo as súas iniciativas.

Ovidio Rodeiro destacou que esta resolución da Secretaría Xeral de Igualdade vai destinada “a apoiar para que as mulleres se establezan como empresarias e así se xere un tecido empresarial máis igualitario, no que tamén se promova a creación de postos de traballo e novas formas de organización empresarial”O representante do Goberno galego destacou “a importancia do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, porque ten como obxectivo apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral”.

As medidas do programa Emega, creáronse especificamente pola Xunta de Galicia como una forma integral de promoción da igualdade no ámbito laboral para apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar. O que se busca é que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo así á creación de novos postos de traballo.

Este programa conta con diferentes liñas de axudas para emprender, innovar ou consolidar a situación das empresas. Ademais dunha liña especial para emprendemento con base tecnolóxica e axudas complementarias para a conciliación laboral ou o asesoramento.

Concretamente, na comarca de Bergantiños-Costa da Morte as oito achegas aprobadas correspóndense coa liña de axudas económicas Emprende que busca mediante incentivos promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

No total de provincia da Coruña o programa Emega apoiará a creación de 94 postos de traballo grazas a unhas achegas que superan os 700.000 euros.  CONCELLO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre