Inicio Galicia A Xunta apoia a 7 escolas infantís de iniciativa social de Santiago...

A Xunta apoia a 7 escolas infantís de iniciativa social de Santiago cunha achega de máis de 397.000 euros

0

A Consellería de Política Social aumenta en Galicia o vindeiro curso escolar 2019/2020 nun 5% o número de prazas públicas neste tipo de centros


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a Escola Infantil Casa do Neno de Santiago, un centro que abarca os dous ciclos de Educación Infantil (0-6 anos) e o primeiro curso de Educación Primaria. No encontro informou da resolución da orde de axudas para o mantemento de escolas infantís de 0-3 anos dependentes de entidades de iniciativa social (EPIS). Este centro recibe unha axuda de 117.000 euros para garantir unha atención de calidade para os seus usuarios.

A través de estas achegas a Xunta apoiara a 19 centros na provincia da Coruña cun investimento total que supera os 1,1 millóns de euros. Concretamente, na cidade de Santiago de Compostela recibirán estas axudas, que ascenden a máis de 397.000 euros, 7 escolas infantís.

Ovidio Rodeiro destacou, durante a visita, que a Consellería de Política Social aumenta o vindeiro curso escolar 2019/2020 nun 5% o número de prazas públicas en escolas infantís dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS), ata acadar as 2849 en toda Galicia.

Deste xeito, a Xunta consolida a oferta de prazas de 0 a 3 anos que pon a disposición das familias galegas en centros de iniciativa social, as cales teñen os mesmos prezos en atención educativa que as escolas que forman parte da rede autonómica da Galiña Azul. O crédito total das achegas supera os 3,4 millóns de euros, dos cales 1,1 se destinan á provincia da Coruña, e están dirixidas a subvencionar gastos de persoal, de alimentación e outros xerais de mantemento destes recursos.

A contía da axuda que percibe cada centro varía en función do número de unidades que ten en servizo e de se prestan servizo de comedor. Ao igual que en anteriores convocatorias, concederase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada para garantir a liquidez da entidade beneficiaria e tamén se permite xustificar a axuda mediante módulos, o que simplifica e axiliza o trámite.

Ovidio Rodeiro puxo en valor “outras medidas postas en marcha para favorecer a conciliación entre as familias galegas como a Tarxeta Benvida, o Bono Coidado, as Casas Niño, ou o Bono Concilia, que ten aberto, neste momento, o prazo de solicitude”. Ademais, lembrou que “a comunidade galega conta con más de 25.000 prazas públicas de atención á infancia de 0-3 anos, o que eleva a ratio de cobertura un 44%, 11 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea”.  Localidade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre