Inicio Galicia A Xunta apoia 50 iniciativas empresariais de industria 4.0 na que participan...

A Xunta apoia 50 iniciativas empresariais de industria 4.0 na que participan pemes e clusters e que mobilizan 9,5M?

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar axudas por máis de 3 millóns de euros para estes proxectos liderados por empresas e seis clusters galegos: Ceaga, Clusaga, Aclunaga, o da Madeira e o Deseño, o do Granito e o Consorcio Aeronáutico


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de aprobar axudas por valor de máis de 3,1 millóns de euros para impulsar 50 iniciativas empresarias no ámbito 4.0, mediante proxectos demostrativos de pemes –coordinados a maioría a través dos clusters sectoriais da automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval– e nos que está previsto mobilizar un investimento final de 9,5 millóns en Galicia.

Así, o Clúster da Automoción de Galicia (Ceaga) lidera un proxecto centrado na dixitalización dos procesos na industria da automoción; o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) está á fronte de iFood4.0, pensando na industria alimentaria do futuro; o Consorcio Aeronáutico impulsa un proxecto neste eido; o Clúster do Granito de Galicia abarca unha iniciativa para incorporar as novas tecnoloxías ao sector da pedra natural; e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e o Clúster Naval Galego (Aclunaga) liderarán iniciativas para seguir incorporando novas tecnoloxías ás dúas industrias.

Automoción, agroalimentación, aeronáutica, granito, madeira e naval, impulsados polos respectivos clusters, están deste xeito entre os sectores que actúan como locomotoras da Industria 4.0 en Galicia. Ademais, os proxectos demostrativos desenvolvidos neste marco servirán de exemplo a seguir tanto por outras empresas destes sectores estratéxicos para a economía de Galicia como doutros ámbitos para avanzar na mellora competitiva do tecido industrial galego. Este programa enmárcase dentro da Axenda Industria 4.0 da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Galicia aposta por este novo modelo produtivo no que a innovación, as novas tecnoloxías e a dixitalización permiten ás empresas dar resposta ás demandas actuais. Estes proxectos premiados están enmarcados dentro da Axenda Industria 4.0 e, xunto con outras iniciativas que se están levando a cabo en Galicia no eido da fábrica intelixente, son a proba de que a modernización do tecido produtivo está en marcha.  ENTIDADES

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre