Inicio Galicia A Xunta apoia 3 iniciativas empresariais que mobilizan 395.000 euros en Santiago...

A Xunta apoia 3 iniciativas empresariais que mobilizan 395.000 euros en Santiago a través do programa Galicia Emprende

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede estas axudas para apoiar a creación de novas empresas ou a consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse esta mañá cos responsables da empresa Grupo Ferelanc A.

S.

L. que porá en marcha un establecemento de fabricación de pizzas grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de máis de 25.000 euros, e que suporán un investimento total de máis de 85.000 euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu tres axudas en Santiago e na súa comarca por un importe máis de 118.000 de euros para apoiar 3 iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos ao abeiro do programa Galicia Emprende.

Os proxectos aprobados prevén a mobilización de máis de 395.000 euros en investimentos e abranguen actividades diversas como a modernización dunha empresa de impresión, a ampliación da actividade de servizos de autolavandería e a fabricación de pizzas artesanais.

Ovidio Rodeiro destacou que “esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos”. Ademais, engadiu que “poden solicitar o apoio do Galicia Emprende iniciativas con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros”."O programa Galicia Emprende compleméntase co Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio e cuxo prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o vindeiro 4 de marzo. No caso concreto da comarca de Santiago o Galicia Rural Emprende destinou dúas axudas unha de 50.000 euros para un proxecto de servizo de fotografías con drons en Melide e outros 70.000 para unha editorial orientada a publicacións escritas por mulleres en AmesNos dous últimos anos en Galicia, e á espera da resolución da segunda convocatoria do ano 2018 do Galicia Emprende, a Xunta concedeu axudas a 269 proxectos, a través dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, cunha mobilización de preto de 30M€.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre