Inicio Galicia A Xunta apoia 14 novos proxectos de pemes galegas que van mobilizar...

A Xunta apoia 14 novos proxectos de pemes galegas que van mobilizar 1,4M? para a fabricación de medios de protección fronte á covid-19

0

O Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores avaliou estas novas propostas, ás que a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará preto de 760.000 euros


 Santiago de Compostela, 31 de maio de 2020.- A Xunta apoiará 14 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 1,4 millóns de euros para a fabricación de material sanitario e de protección laboral fronte á covid-19. Así, o Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores -que conforman as consellerías de Economía, Emprego e Industria, Sanidade e Política Social- avaliou esta semana estas propostas, que permitirán acometer a produción de máscaras, pantallas protectoras, biombos, solucións e arcos desinfectantes e roupa e accesorios sanitarios.

A través desta liña de financiamento, dotada con 2,5 millóns de euros e activada pola Xunta para facilitar a reorganización produtiva, os 14 proxectos recibirán apoios de preto de 760.000 euros, máis do 60 por cento do investimento.

Con estas, son xa 28 as iniciativas aprobadas polo Comité de fabricación, que serán apoiadas a través da liña da Xunta que achega axudas de ata 100.000 euros para cubrir os gastos ou investimentos que teñan que facer en maquinaria, material e outros activos coa posibilidade de acceder a un anticipo. A estas 28 iniciativas correspóndelles unha axuda global de 1,5 millóns de euros, que permitirá mobilizar preto de 2,7 millóns.

Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, lembrou que as pemes galegas poden solicitar tamén os apoios que –para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens– se ofrecen a través dunha segunda liña de axudas que se vén de activar. Como recolleu esta mesma semana o Diario Oficial de Galicia (DOG), este programa, dotado con 5 millóns de euros, ten como obxectivo impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra a covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral.

O director do Igape destacou tamén que a través da plataforma online Marketplace, creada polo Goberno galego para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamento e canalizar as respostas da industria galega ás necesidades de subministración de equipamentos, xa se levan recollidas 246 ofertas de 146 empresas diferentes. NOVOS PROXECTOS APROBADOS

EMPRESA

CONCELLO

  PROXECTO Produto a fabricar

CARMEN VÁZQUEZ INDUSTRIA TEXTIL

A Coruña

Roupa e accesorios sanitarios (batas, máscaras…)

IT FABRICACIÓN DIGITAL

A Coruña

Pantallas de protección facial

GRAN FORMATO EUROPRINT

Santiago de Compostela

Biombos

LASERLUCUS

Outeiro de Rei (Lugo)

Protector facial e biombos

VITRALBA

Vigo

Biombos

LINEAPARAMI

Vigo

Máscaras

CINTUGAL

Vigo

Máscaras

VISUAL GRAPHICS IMAGEN Y PUBLICIDAD

Vigo

Biombos

LUPEON

Nigrán (Pontevedra)

Fabricación 3D de accesorios ‘non touch’

NEON ARTE ARTESANOS DEL VIDRIO HUECO

Mos (Pontevedra)

Biombos

DISEÑO E MODELADO DE SUPERFICIES

Mos (Pontevedra)

Pantallas de protección facial

HEVA DETER HISPÁNICA

O Porriño (Pontevedra)

Desinfectantes e produtos sanitarios

VIFERGAL TEXTIL

Lalín (Pontevedra)

Máscaras

INDUSTRIAS QUÍMICAS AUSAVIL 2018

Silleda (Pontevedra)

Alcois e desinfectantes

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre