Inicio Galicia A Xunta apela en Curtis á dinamización e á dixitalización do comercio...

A Xunta apela en Curtis á dinamización e á dixitalización do comercio local como motor da reactivación económica

0

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, asistiu esta tarde á presentación do Club Comercio de Curtis, unha iniciativa con 20 locais de distintos sectores do concello promovida pola Asociación de Comercio deste concello

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu esta tarde á presentación do Club Comercio de Curtis, unha iniciativa con 20 locais do concello pertencentes a varios sectores produtivos (moda, estética, asesoría, óptica, xoguetes…) e promovida pola Asociación de Comercio de Curtis.

Este Club, creado baixo o lema mercando en Curtis sempre gañas, ofrece un estímulo para o consumo ao garantir unha dobre bonificación polas compras efectuadas nos comercios afiliados: por un lado, os consumidores acumularán unha porcentaxe da súa adquisición, de xeito que poidan empregar ese saldo en vindeiras compras nese mesmo establecemento; e por outro, sumarán puntos que darán acceso a sorteos ou actividades organizadas pola Asociación de Comercio de Curtis.

Durante a presentación, Vázquez salientou as distintas axudas postas en marcha desde a Xunta para fomentar o comercio local e blindar a seguridade dos establecementos. Deste xeito, puxo énfase na necesidade de implementar os protocolos sanitarios necesarios para reactivar o consumo e evitar contaxios entre os clientes.

Así mesmo, a directora xeral trasladou aos comerciantes a importancia de apostar pola transformación dixital dos seus establecementos como dinamizador do consumo no horizonte poscovid-19, mellorando o posicionamento dos establecementos, favorecendo unha diversificación nos distintos mercados e contribuíndo a unha maior fidelización da clientela.

A administración do Club Comercio de Curtis xestiónase desde o portal www.comerciodecurtis.es, onde os clientes poden darse de alta como socios, podendo consultar así as distintas vantaxes que ofrece e os movementos da súa conta persoal. Do mesmo xeito, estará dispoñible unha app para Android e Apple.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre