Inicio Galicia A Xunta apela ao diálogo social para que Galicia se adiante ao...

A Xunta apela ao diálogo social para que Galicia se adiante ao emprego do futuro ofrecendo as mellores condicións laborais

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na inauguración da xornada da OIT sobre “O futuro do traballo que queremos en Galicia’

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou hoxe ao diálogo social entre sindicatos, empresas e a Administración para que Galicia se poida adiantar ao emprego que vén ofrecendo as mellores condicións laborais aos traballadores e traballadoras e as medidas que permitan incrementar a competitividade do tecido empresarial e afrontar as necesidades do novo mercado laboral.

Na súa participación na xornada organizada pola Organización Internacional de Traballo (OIT) sobre O futuro do traballo que queremos en Galicia, o titular de Economía sinalou que no contexto da transformación tecnolóxica é preciso buscar respostas non só desde o punto de vista da industria, senón tamén desde a perspectiva da formación e das novas relacións laborais.

Así, indicou que a iniciativa da OIT é unha oportunidade para que a través do diálogo se identifiquen as medidas “para abordar a calidade no emprego e afrontar o desafío dixital desde o punto de vista laboral”. En palabras do conselleiro, é preciso “ter unha visión compartida” entre sindicatos, empresas e a Administración para abordar con éxito o desafío tecnolóxico. Puxo tamén en valor o traballo da OIT e o seu compromiso coa defensa do pleno emprego.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

Conde sinalou que a Xunta está a traballar para sortear a fenda dixital, impulsar a igualdade e potenciar o emprego xuvenil facendo fincapé na formación, un elemento clave á hora de deseñar o futuro de traballo. Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en 2019 un total de 145 millóns de euros para seguir poñendo en marcha programas como as Unidades Formativas en Empresas, o Plan Galego de Formación, axudas para os autónomos e para impulsar o emprego feminino ou unha iniciativa para apoiar o emprego xuvenil centrado na segunda oportunidade para que os mozos e mozas que non remataron os seus estudos poidan obter as competencias necesarias para acceder a un posto de traballo.

O conselleiro tamén referiuse a valores que promove a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e, para rematar, sinalou a importancia da implicación e compromiso do tecido produtivo para alcanzar os retos do emprego que vén, para activar políticas activas de emprego centradas nas persoas.  


- Te recomendamos -