Inicio Galicia A Xunta apela á colaboración entre Galicia e o norte de Portugal...

A Xunta apela á colaboración entre Galicia e o norte de Portugal para mellorar o emprego nos sectores estratéxicos

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe na clausura do ‘Encontro do sector industrial: metalurxia, téxtil e agroalimentario’, organizado en Vigo polo Consello sindical interrexional Galicia-Norte de Portugal

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Vigo na clausura do Encontro do sector industrial: metalurxia, téxtil e agroalimentario, organizado polo Consello sindical interrexional Galicia-Norte de Portugal, para abordar as condicións de traballo nestes ámbitos no espazo transfronteirizo.

Toca destacou a importancia da colaboración dos servizos públicos de emprego de Galicia e do norte de Portugal para deseñar estratexias comúns co fin de satisfacer as necesidades dos empresarios e dos traballadores apelando á colaboración para mellorar as condicións laborais na industria.

A secretaria xeral de Emprego puxo en valor o impulso que a Administración autonómica está a darlle en Galicia a un novo modelo de formación para o emprego dual -que combina a cualificación e prácticas laborais- flexible e adaptado ás necesidades que está requirindo a dixitalización da industria. Sinalou, neste senso, que a formación para o emprego é clave para incrementar as oportunidades laborais e dar, polo tanto, un pulo á economía, salientando a importancia da colaboración institucional neste eido.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Indicou, ademais, que para que calquera rexión poda ter un futuro os traballadores necesitan estar formados, un proceso que ten que ser continuo.

Neste ámbito, o Plan galego de formación 2018-2019 permitirá que 16.500 persoas sen emprego poidan formarse elixindo, por primeira vez, a acción formativa e o centro. Así mesmo, os alumnos e alumnas poderán saber o custe da formación que a Xunta financia ao 100%. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través dun orzamento de preto de 48 millóns de euros –un 13,4% máis que a pasada convocatoria- porá en marcha unha oferta de máis de 1100 cursos que se impartirán nas catro provincias galegas e nos principais sectores da economía galega.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, como presidente do comité directivo do Servizo Eures Galicia-Norte de Portugal, tamén participou neste encontro. Na súa intervención, resaltou a importancia de seguir traballando e colaborando entre as administracións públicas para continuar mellorando a empregabilidade da Eurorrexión. Avogou, ao respecto, por estender os servizos da rede Eures a todas as oficinas de emprego fronteirizas e salientou a aposta da Xunta por un modelo baseado nunha orientación laboral aberta, abrindo novas vías de relación a través das TIC, reducindo a burocracia e poñendo en valor o coñecemento interno.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

- Te recomendamos -