Inicio Galicia A Xunta anuncia o inicio das obras do Edificio Fontán cumprindo co...

A Xunta anuncia o inicio das obras do Edificio Fontán cumprindo co calendario que fixa a súa posta en marcha no Xacobeo 2021

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, avanzou que todo está listo para que o luns comecen os traballos de construción


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que as obras para a construción do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, comezarán o próximo luns, cumprindo así co calendario establecido que prevé a súa finalización no último trimestre de 2020 e a súa posta en marcha no Xacobeo 2021.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que visitou na Cidade da Cultura a estrutura sobre a que se edificará o Fontán, asegurou que a UTE formada por Acciona e San José estivo “traballando estas semanas no plan de seguridade e protección e na instalación do centro de traballo e que todo está xa listo para que de comezo a construción”.

Na súa visita ao Gaiás, o conselleiro lembrou que a construción do Fontán coincide cos traballos para conectar a Cidade da Cultura coa Autopista do Atlántico (AP-9), enlace que se atopa xa moi avanzado. “Suporá un antes e un despois para o Gaiás ao ter una entrada directa á principal arteria de comunicación de Galicia”, asegurou o titular de Cultura e Turismo. Ao mesmo tempo, subliñou que se está a avanzar no Xardín do Teatro, que dará unha solución paisaxística ao baleiro deixado polo Teatro da Música, e que estará listo na próxima primavera.

Leer más:  Cancelada la procesión del Santo Entierro de Orense por la previsión de lluvia

O Fontán, edificio que acollerá servizos transversais para as tres universidades e un centro de estudo con temática vencellada ao Camiño de Santiago, foi adxudicado en outubro nun concurso público a UTE formada por Acciona e San José por 14.784.924 euros, cantidade que supón unha rebaixa de 2,2 millóns respecto ao importe de licitación -17 millóns-.

As empresas adxudicatarias garanten que estará rematado nun prazo seis meses inferior ao previsto: 24 meses fronte a 30; este rebaixa do tempo permitirá que estea finalizado no último trimestre de 2020 e operativo no 2021, ano do Xacobeo.

Aforro de custos e sinerxías Fronte aos 14,78 millóns que custará edifica o Fontán no Gaiás, estímase que a súa construción noutro emprazamento ascendería a 30 millóns. As razóns obedecen a que, ademais de evitar a adquisición dun solar con capacidade e equipamento para unha infraestrutura destas características, o edificio aproveitará a estrutura xa construída para o Teatro da Ópera, un do edificios incluídos no proxecto inicial do Gaiás e non levados a cabo. Por outra banda, aproveitaranse as infraestruturas enerxéticas, de gas, climatización, fibra, seguridade e aparcadoiros xa existentes no Gaiás, ademais de beneficiarse da conexión directa coa AP-9 que estará rematada en 2019.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Este proxecto acollerá tres centros destinados á integración do Sistema Universitario de Galicia. Por unha banda, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, cuxo obxectivo será garantir que a docencia, a investigación, a xestión e a transferencia do coñecemento se encamiñen cara á excelencia. En segundo lugar, o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia, que será o centro neurálxico da xestión conxunta das tres universidades, centralizando os servizos bibliográficos, a organización das probas de acceso á educación superior, e o desenvolvemento de programas informáticos que melloren a organización. En terceiro lugar, o futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais (CEIPAC), que dotará Galicia do primeiro centro de investigación de España consagrado ao estudo da paisaxe, dos itinerarios culturais e do patrimonio cultural e que funcionará como observatorio permanente do Camiño de Santiago.

No eido da sustentabilidade, cómpre subliñar que a obra compartirá os gastos enerxéticos co resto dos edificios e maximizará o uso de luz natural. Será funcional porque contará co auditorio con máis prazas de toda a Cidade da Cultura, con capacidade para 750 persoas e divisible en tres salóns de actos; ademais de dispoñer, na azotea do último piso, dun xardín cuberto con fachadas abertas, que tamén poderá ser empregado como espazo museístico. E flexible porque está concibido para que os seus espazos poidan reorganizarse en función das necesidades que vaian xurdindo no futuro. 

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" en Cerdedo-Cotobade

- Te recomendamos -