Inicio Galicia A Xunta anima ás pemes de Ferrolterra a reforzar a aposta pola...

A Xunta anima ás pemes de Ferrolterra a reforzar a aposta pola Industria 4.0 para incrementar a súa competitividade

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na xornada ‘Experiencias empresariais nas tecnoloxías 4.0’, que reuniu en Ferrol a compañías e profesionais do norte da provincia coruñesa


O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Ferrol na xornada Experiencias empresariais nas tecnoloxías 4.0, organizada pola Xunta e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), onde resaltou a importancia de que as pemes da comarca sigan a apostar pola súa dixitalización e modernización para incrementar a súa competitividade e adaptarse ás necesidades do mercado.

No encontro o director do Igape destacou tamén o apoio e o compromiso do Goberno galego no impulso á transformación tecnolóxica do tecido produtivo mediante as axudas á dixitalización, os Proxectos 4.0 e o resto de programas impulsados ao abeiro da Axenda Industria 4.0.

Nese sentido, Cividanes lembrou que o Consello da Xunta vén de dar luz verde aos centros de fabricación avanzada, o novo programa que, cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022, apoiará a creación de espazos de uso aberto e compartido e que activará tamén a liña Maquinaria 4.0, co obxectivo de reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra de tecnoloxía feita en Galicia.

As empresas e profesionais do norte da provincia da Coruña participantes na xornada puideron informarse sobre as oportunidades e necesidades das pemes de abordar a transformación dixital, asistir a unha mesa redonda sobre a aplicación das tecnoloxías 4.0 nas pequenas e medianas compañías e coñecer casos de éxito de procesos de dixitalización na industria naval, a través da exposición de representantes de compañías, a Universidade da Coruña e Cofer. O encontro forma parte das actividades desenvoltas en colaboración entre a a Consellería de Economía, Emprego e Industria e esta entidade empresarial de referencia na comarca.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre