Inicio Galicia A Xunta anima aos empresarios a participar no Plan de incentivos para...

A Xunta anima aos empresarios a participar no Plan de incentivos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na Asemblea da Confederación de Empresarios de Pontevedra

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou hoxe aos empresarios a participar no Plan de incentivos para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero que o Goberno galego porá en marcha ao abeiro do Pacto de Estado.

Así o trasladou hoxe durante a súa participación na Asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), onde expuxo que é necesario o compromiso de toda a sociedade para erradicar esta lacra e para axudar ás vítimas.

Ademais, tamén puxo en valor o papel dos empresarios á hora de afrontar, xunto a Administración, retos tan importantes como a dixitalización industrial, a internacionalización ou a cooperación transfronteiriza.

Estes desafíos constitúen parte dos eixos prioritarios nos que está a traballar a Xunta para seguir fomentando en Galicia o crecemento e a xeración de emprego de calidade, así como para conseguir que a recuperación económica se estenda a toda a cidadanía. 

Leer más:  La Policía Local de Ames (A Coruña) está buscando a un conductor que huyó después de atropellar a un niño

- Te recomendamos -