Inicio Galicia A Xunta anima aos composteláns a realizar as compras de Nadal no...

A Xunta anima aos composteláns a realizar as compras de Nadal no comercio de proximidade

0


O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, animou hoxe aos composteláns a realizar as compras de Nadal no comercio local, un sector clave na dinamización económica e social da cidade.

Verea participou na presentación da campaña “Merca e Gaña polo Nadal”, que desenvolven a Asociación Comercio Punto Compostela e a Federación Galega de Comercio, e que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obxectivo da iniciativa é dinamizar as vendas nos establecementos adheridos a esta asociación, premiando aos consumidores que merquen nas datas que comprende a campaña e que rexistren a súa compra en www.nadalmercaegana.com. Entre eles sortearanse 3.000 euros, repartidos en tarxetas prepago de 200 e de 100 euros, que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos asociados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre