Inicio Galicia A Xunta anima ao Centro Gallego de Llodio, no País Vasco, a...

A Xunta anima ao Centro Gallego de Llodio, no País Vasco, a manter a súa actividade en prol da difusión de Galicia na celebración do seu 50 aniversario

0

O representante do departamento autonómico no evento, o xefe de Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, José Iglesias de la Fuente, pediu aos galegos da comunidade vasca que sexan embaixadores do Xacobeo 2021


A Secretaría Xeral da Emigración animou ao centro Gallego de Llodio a seguir a traballar en prol da difusión da cultura e tradicións de Galicia durante a celebración das súas vodas de ouro. O departamento autonómico estivo representado polo xefe do Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, José Iglesias de la Fuente.

No transcurso do mesmo, Iglesias salientou o exemplo de unidade que dan os galegos do País Vasco ao resto da colectividade do exterior, e pediulles a todos eles que se convertan en embaixadores dun dos eventos máis importantes dos vindeiros anos en Galicia, o Xacobeo 2021. O representante da Secretaría Xeral da Emigración reiterou os parabéns do departamento que dirixe Miranda a toda a emigración galega pola Medalla que o Parlamento de Galicia vén de concederlles o pasado mes de abril. A celebración contou cunha intensa axenda de actividades, entre as que salientaron actuacións musicais e as exposicións Vida y obra de Manuel Rodríguez e El exilio gallego en Venezuela, así como unha mostra que recolle diferentes obras do pintor chairego Anxo Lamas, falecido en febreiro do pasado ano. A comida de irmandade coa que rematou o programa de actos serviu tamén ao Centro Gallego de Llodio para facer entrega dun agasallo aos vinte socios fundadores da entidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre