Inicio Galicia A Xunta analizará medidas de calmado de tráfico no treito antigo da...

A Xunta analizará medidas de calmado de tráfico no treito antigo da estrada PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro e ofrece a transferencia desta vía ao eido local

0
image_gallery.jpg

A conselleira e o alcalde coinciden na necesidade de coñecer a solución definitiva da autovía estatal A-57 ao seu paso por este concello e as súas implicacións sobre o tráfico da estrada autonómica


A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, analizará a adopción de posibles medidas de calmado de tráfico no treito antigo da PO-531, ao seu paso por Barro e ofrece a transferencia deste treito de vía ao eido local.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, na que abordaron a seguridade viaria no treito antigo desta estrada, entre a igrexa de Curro e o acceso ao polígono de Outeda. Trátase dun treito duns 500 metros de lonxitude no que os movementos se reduciron de xeito significativo cando se puxo en servizo a variante e que rexistra un tráfico fundamentalmente de carácter local.

Durante a xuntanza, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións trasladoulle ao alcalde a vontade da Xunta de analizar posibles actuacións de calmado de tráfico, como a execución dalgún paso sobreelevado, ao tempo que amosou a súa disposición a transferir este antigo treito ao eido local, porque isto permitirá adoptar medidas máis acordes á súa funcionalidade actual.

En todo caso, a conselleira e o alcalde coincidiron na necesidade de coñecer a solución definitiva de trazado que adopte o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a autovía estatal A-57 ao seu paso polo concello de Barro e as súas implicacións sobre o tráfico da vía autonómica.

Durante a xuntanza, Ethel Vázquez trasladou que a prioridade de actuación agora mesmo por parte da Xunta en materia de estradas no concello de Barro se centra na estrada PO-531, que une Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e rexistra unha alta intensidade de tráfico. Lembrou que nesta vía xa se levou a cabo a mellora da seguridade viaria na zona de accesos ao polígono de Sequeiros e, máis recentemente, tamén na Devesa, cun investimento global que se aproxima ao millón de euros. Avanzou, ademais, que a Xunta ten previstas novas actuacións de cara a reforzar a seguridade viaria e fomentar a mobilidade peonil e ciclista nesta estrada autonómica. Durante a xuntanza, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións tamén ofreceu o apoio da Xunta ao Concello de Barro no desenvolvemento das súas competencias municipais de saneamento e depuración. Neste sentido, Ethel Vázquez trasladou a disposición do Goberno galego de confinanciar a mellora da depuradora de Barro, no marco dun acordo coa Deputación Provincial de Pontevedra e co Concello, para o proxecto e para as obras, financiándoas a terzos entre as tres administracións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre