Inicio Galicia A Xunta analizará mañá con representantes do sector do taxi en Galicia...

A Xunta analizará mañá con representantes do sector do taxi en Galicia o contido do decreto lei sobre os vehículos con licenzas VTC

0

O Goberno galego publica hoxe no DOG a aprobación do primeiro regulamento do taxi en Galicia, que incorpora a posibilidade de ofrecer servizos compartidos

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade manterá mañá unha reunión con representantes do sector do taxi en Galicia para abordar o contido do decreto lei sobre as licenzas de VTC.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículo de turismo de Galicia, que introduce a posibilidade de autorizar aos taxis a ofrecerlles aos usuarios servizos compartidos, actividade que non estaba regulada de forma expresa para o taxi.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este regulamento: https://goo.gl/ZBRmqoO regulamento inclúe a habilitación aos concellos para autorizar estes servizos mediante o pago por praza a través das ordenanzas municipais, e dirixidos a zonas de baixa densidade de poboación, débil tráfico ou sen as adaptacións necesarias en materia de accesibilidade.

Este tipo de servizos con cobro por praza deberán ser máis económicos para os usuarios. Ademais, nestas condicións, de forma excepcional, os taxis poderán realizar servizos de transporte regular de uso xeral ou de transporte regular de uso especial.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

O primeiro regulamento do taxi de Galicia é froito dunha fase de consultas previas con profesionais do sector e o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, incorporando aquelas achegas que resultaron viables.

O texto normativo desenvolve o contido da Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de Galicia, coñecida como a Lei do taxi, co obxectivo de abondar na seguridade xurídica e as facilidades administrativas para os profesionais e na clarificación dos dereitos dos usuarios.

En relación cos vehículos de turismo con condutor, os chamados VTC, o Decreto regula os únicos aspectos sobre os que a Comunidade Autónoma é competente, entre elas a obriga de identificar mediante un distintivo específico os autos que realicen este tipo de servizos, para o que xa está actualmente en tramitación unha orde específica.

Nese sentido, cómpre lembrar que a Xunta de Galicia demanda que o Goberno central estableza un marco regulatorio claro que faga posible cumprir a ratio legalmente prevista de 1 licencia VTC por cada 30 de taxi.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Simplificación administrativa O regulamento ofrece unha simplificación administrativa e unha maior seguridade xurídica aos profesionais do taxi, respondendo a unha reivindicación dun sector no que interveñen tanto a Xunta como os concellos.

Desa forma, o beneficiario fará unha única solicitude ante unha plataforma electrónica, ante o concello, que produce automaticamente o inicio do expediente municipal e do autonómico e deberán concluír na emisión de das dúas resolucións, garantindo a coherencia entre elas.

Entre outras novidades, o decreto tamén desenvolve a creación das Áreas Territoriais de Prestación Conxunta, ámbitos definidos por dous ou máis concellos limítrofes entre os que se produza influencia recíproca entre os servizos de taxi. A área asumiría as competencias que correspondían aos concellos que a integren e os taxis poderán facer os seus servizos no conxunto do seu territorio.

Número de licenzasO Decreto desenvolve así mesmo o establecido na Lei do taxi, segundo a cal, o número máximo de licenzas por concello estará fixado en función da súa poboación, se ben será posible modificar ese cupo en virtude de circunstancias concretas dun municipio.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Nestes casos, o concello deberá elaborar un estudo que xustifique tecnicamente a necesidade de licenzas e remitilo á Dirección Xeral de Mobilidade, quen emitirá o informe correspondente.

Características dos vehículosO proxecto afonda nas características dos vehículos adscritos á prestación do servizo, introducindo como novidades que os coches de máis de 7 prazas (8 e 9) incluído o condutor, deberán dispoñer dunha praza adaptada para o transporte de persoas en cadeira de rodas.

Estes coches deberán ter un mínimo de catro portas e 330 litros de capacidade de maleteiro, ademais de estar dotados de dispositivos de calefacción e aire acondicionado.

En canto á antigüidade, non poderán superar os 12 anos en concellos de ata 20.000 habitantes ou no caso de taxis adaptados, e 10 nos municipios que superen esa poboación.


- Te recomendamos -