Inicio Galicia A Xunta analiza novas liñas de traballo e colaboración con máis de...

A Xunta analiza novas liñas de traballo e colaboración con máis de 100 representantes de entidades culturais de Vigo

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta, Corina Porro, reuniuse hoxe co tecido cultural


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantivo hoxe un encontro con máis de 100 representantes de entidades culturais de Vigo para repasar as liñas de traballo actuais e necesidades da cultura base da cidade olívica.

A xuntanza serviu para avanzar no labor que a Xunta de Galicia prevé desenvolver no ámbito cultural nos vindeiros meses e para establecer liñas conxuntas de participación na programación cultural. Deste xeito, recolléronse as valoracións e necesidades das entidades convocadas co fin de seguir impulsando unha colaboración efectiva. Así mesmo, abordáronse as oportunidades que ofrecerá a celebración do Xacobeo 21, cun marcado carácter participativo e descentralizador.

Durante o encontro, Román Rodríguez lembrou que o programa O teu Xacobeo, que terá continuidade no 2020, é unha oportunidade para poñer en marcha os proxectos e ideas do tecido cultural da área viguesa. Na actualidade, esta iniciativa da Xunta de Galicia puxo en marcha unha vintena de proxectos que teñen moito que ver coa personalidade da cidade e que mobilizan preto de 500.000 euros, dos que o a Administración autonómica está a aportar 270.000 euros. Á reunión tamén asistiron o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, e estiveron representadas a Federación de Bandas de Gaitas Provinciais de Pontevedra, a Fundación Coral Casablanca, a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, a Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre