Inicio Galicia A Xunta analiza con persoal dos servizos sociocomunitarios de Vigo a aplicación...

A Xunta analiza con persoal dos servizos sociocomunitarios de Vigo a aplicación das melloras introducidas na Risga

0

Trátase de poñer en común as novidades do novo decreto que regula esta prestación e as Axudas de Inclusión Social (AIS)


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, abordou con profesionais dos servicios sociais comunitarios de Vigo a implantación dos novos tramos da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga). Fíxoo nunha sesión informativa celebrada nas dependencias da Xunta na cidade olívica que tamén contou coa participación do delegado territorial Ignacio López-Chaves.

Arturo Parrado, acompañado de técnicos da dirección xeral de Inclusión, explicou que a finalidade deste encontro é dar a coñecer as modificacións que leva consigo o novo decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social de Galicia, e que regula a tramitación da Risga e das Axudas de Inclusión Social (AIS).

O obxectivo é que os técnicos das administracións autonómica e local poñan en común todos os aspectos necesarios para garantir unha correcta implantación das novas medidas que recolle o decreto, en particular a posta en funcionamento de dous novos tramos da Risga dirixidos a incentivar a busca de emprego.

Ademais, tamén servirán para avanzar nos mecanismos de coordinación entre administracións relacionados co desenvolvemento dos programas de inclusión, na procura de mellorar a resposta que se lle dá ás persoas usuarias.

Estas xornadas divulgativas sobre as melloras na Risga continuarán con dúas novas sesións que terán lugar os vindeiros días 24 e 26 de abril nas sedes das delegacións territoriais da Administración autonómica en Ourense e en Lugo, respectivamente. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre