Inicio Galicia A Xunta analiza coa Federación de Confrarías de Pontevedra diferentes suxestións para...

A Xunta analiza coa Federación de Confrarías de Pontevedra diferentes suxestións para cotribuír a unha remuda xeracional ordenada no sector marítimo-pesqueiro

0
image_gallery.jpg


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse nos últimos días con representantes da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra cos que debateu sobre algúns asuntos da actividade marítimo-pesqueira partindo da base de contribuír a unha remuda xeracional ordenada neste sector. Boa parte destas cuestións sobre as que ambas partes expuxeron diferentes suxestións están relacionadas coa normativa que afecta ao sector como diferentes regulamentos relativos ás artes e aos aparellos, aos permisos de explotación, ás embarcacións e á comercialización dos produtos do mar co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da actividade e de facela máis atractiva para a xente moza.

Este tipo de xuntanzas, neste caso solicitada pola propia federación, teñen como obxectivo intercambiar impresións de primeira man cos representantes das confrarías e coñecer as súas inquedanzas coa finalidade de dar máis protagonismo ao sector na actualización da normativa para seguir avanzando na pesca profesional e afrontar os retos de futuro do sector. A esta reunión tamén asistiron a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre