Inicio Galicia A Xunta analiza coa Asociación Punto Delas os programas que están levando...

A Xunta analiza coa Asociación Punto Delas os programas que están levando a cabo coas mulleres no rural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación Punto Delas, María del Carmen Ferreiro Santos


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación Punto Delas, María del Camen Ferreiro Santos, onde analizaron os programas de axudas a entidades de iniciativa social para o ano 2020 e sobre políticas e actividades a prol da promoción, organización e búsqueda de solucións das diversas problemáticas relacionadas coa súa actividade de labregas e polo feito de ser mulleres no rural.

Susana López Abella indicou que a Xunta leva colaborando coa Asociación dende o ano 2013 mediante axudas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero e axudas a programas para mulleres, cun orzamento global de preto de 245.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre