Inicio Galicia A Xunta amplía o servizo de videointerpretación para garantir ás persoas xordas...

A Xunta amplía o servizo de videointerpretación para garantir ás persoas xordas o acceso aos teléfonos de emerxencia durante o confinamento

0

O seu funcionamento esténdese ás 24 horas do día todos os días da semana durante o estado de alarma


Santiago de Compostela, 12 de abril de 2020.- A Consellería de Política Social vén de ampliar ata as 24 horas ao día, sete días á semana, o servizo de videointerpretación que ofrece a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Esta ferramenta permite que as persoas xordas poidan obter información ou comunicarse cos teléfonos de emerxencia, coma 112, 061, 012 ou o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116.

Ata este momento, o servizo funcionaba de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde. Agora pasará a funcionar de xeito ininterrumpido durante o estado de alarma. Esta ampliación garante o acceso das persoas xordas aos teléfonos de emerxencia durante o confinamento.

Tamén se ampliou o directorio de teléfonos aos que se pode chamar desde a aplicación de videointerpretación, para incluír tamén o teléfono gratuito do coronavirus (900 400 116), dedicado a resolver dúbidas e consultas relativas á pandemia, e outros servizos de emerxencia habilitados para calquera xestión. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre