Inicio Galicia A Xunta amplía o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal...

A Xunta amplía o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración autonómica

0

O prazo, que remataba onte, amplíase ata un mes e 18 días naturais despois de que conclúa o estado de alarma


A Xunta de Galicia vén de ampliar o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega. O prazo -que remataba onte- amplíase ata un mes e 18 días naturais despois de que conclúa o estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19.

Así, o persoal interesado, que cumpra os requisitos de titulación, poderá continuar coas solicitudes de inclusión nas bolsas que se atopaban abertas antes da declaración do estado de alarma para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.

Probas selectivas no último trimestre do anoNeste contexto, a Consellería de Facenda xa anunciou esta mesma semana a intención de propoñer ás organizacións sindicais reanudar no último trimestre do ano a realización das probas selectivas das oposicións xa convocadas no eido da Administración Xeral, é dicir, todos os procesos selectivos da Administración Autonómica con excepción dos correspondentes ao persoal docente de educación e ao persoal do SERGAS. O obxectivo é achegar certezas e seguridade aos aspirantes, garantir o bo desenvolvemento dos procesos selectivos e seguir cumprindo os acordos asinados cos sindicatos para favorecer a estabilidade na Función Pública autonómica. Ademais, esta proposta dá resposta ás demandas de algunhas organizacións sindicais e supón dar continuidade á moratoria de dous meses aprobada o pasado 12 de marzo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre