Inicio Galicia A Xunta amplía en máis dun 50% a contía da primeira liña...

A Xunta amplía en máis dun 50% a contía da primeira liña de axudas á internacionalización de galerías de arte

0

O Diario Oficial de Galicia publica a ampliación de crédito para que estes centros participen en feiras e mercados artísticos fóra da Comunidade


A Xunta amplía ata os 46.000 euros a contía da primeira liña de axudas ás galerías de arte para a súa participación en feiras e mercados artísticos fóra da Comunidade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta ampliación en máis dun 50% da contía da primeira subvención específica para este tipo de proxección, dotada inicialmente con 30.000 euros.

A través desta medida, o Goberno galego amosa por unha banda o seu apoio a arte contemporánea a través do traballo destes centros, ao tempo que reitera o seu apoio á internacionalización da proxección exterior da cultura galega.

As galerías de arte constitúen un sector fundamental e contribúen a promover e difundir novos valores artísticos, tanto no resto de España como no estranxeiro máis alá da súa actividade comercial. Este labor de promoción realízano principalmente a través das feiras de arte, motivo polo cal a Administración autonómica puxo a disposición estas axudas.

Tal e como recolleu a convocatoria publicada o pasado mes de outubro no DOG, puideron solicitar estas subvencións as persoas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2019.

No caso de asistencia e participación en feiras en España (fóra de Galicia) a axuda prevista é, como máximo, de 2000 euros. A participación en feiras fóra de España subvencionarase cun máximo de 4000 euros. Cómpre destacar que cada galería de arte poderá presentar dúas solicitudes de subvención.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre