Inicio Galicia A Xunta amplía en case 430.000? o orzamento para programas dirixidos a...

A Xunta amplía en case 430.000? o orzamento para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade

0

As subvencións son concedidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para fomentar a igualdade de oportunidades e reducir a discriminación


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación da dotación orzamentaria da resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. O incremento da dotación será de 429.477 €, resultando un crédito total de 1.339.477 €.

Estas axudas teñen como finalidade o desenvolvemento de programas que fomenten a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Trátase, polo tanto, dun plan para dotar as participantes dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, a través de programas que inclúen unha atención personalizada e especializada.

Os programas en cuestión divídense en dos grupos: un de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade; e outro enfocado en recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Ao existir remanentes doutras convocatorias financiadas tanto con cargo ao mesmo crédito como con créditos incluídos en programas do mesmo servizo, e logo da xeración de crédito financiado con fondos europeos, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas e que compren os requisitos para ser beneficiarias das axudas, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada. Cabe destacar que a ampliación non implica a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

A Secretaría Xeral da Igualdade coa fin de amparar o maior número de solicitudes presentadas que compren os requisitos e dada a especial situación e necesidades nas que se atopan os colectivos de mulleres ás que van dirixidas as axudas estimou conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre