Inicio Galicia A Xunta amplía en 485.000 euros as axudas aos concellos galegos para...

A Xunta amplía en 485.000 euros as axudas aos concellos galegos para fomentar a inserción laboral de vítimas de violencia de xénero

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do orzamento desta orde, que ascende a 1,8 M€ e se enmarca nas medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do orzamento da orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero. Así, ao orzamento inicial de 1,4 millóns de euros da convocatoria deste ano, súmanse agora 485.000 euros para dar resposta ás solicitudes presentadas e ás necesidades das potenciais beneficiarias.

Con esta ampliación o importe desta orde de axudas ascende a máis de 1,8 millóns de euros no marco dos fondos para desenvolver en Galicia das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A Xunta, a través destas axudas, busca contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, ademais de reforzar as opcións dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

As subvencións van destinadas aos concellos galegos para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social da súa competencia, ata un máximo de 12 mensualidades, coa finalidade de mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

Na actualidade, son 68 mulleres as beneficiarias finais destas axudas e 37 os concellos e entidades locais que realizaron a súa contratación. Coa ampliación que se publica hoxe, 26 mulleres máis poderán traballar durante polo menos 12 meses para acadar así a súa independencia económica e rachar coa situación de violencia.

Esta orde tamén fomenta a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas, de xeito que os concellos ou agrupacións e mancomunidades de municipios beneficiarias terán que designar unha persoa de apoio para a traballadora ou traballadoras contratadas como profesional de referencia no tempo que dure a súa contratación. As entidades locais contarán co apoio de persoal da Xunta con formación en xénero. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre