Inicio Galicia A Xunta amplía a oferta de teleformación para profesionais do sector turístico...

A Xunta amplía a oferta de teleformación para profesionais do sector turístico con cinco novos cursos este mes de abril

0

A iniciativa desenvólvese online, de maneira gratuíta, a cargo de especialistas que combinan faladoiros en directo con material e actividades de avaliación

A Xunta de Galicia amplía as accións do seu plan de teleformación para o sector turístico, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CHSG), que programa este mes de abril cinco novos cursos gratuítos online tras celebrar outros tantos nas últimas semanas. O obxectivo desta iniciativa, a cargo de especialistas na materia e con capacidade para chegar ata a 2.000 usuarios da Comunidade, é facilitar aos traballadores á mellora en diferentes competencias como a xestión dixital, a comunicación e o márketing en liña.

Os dous novos cursos da vindeira semana serán impartidos polo experto en transformación dixital e desenvolvemento de negocio online Tirso Maldonado. O primeiro deles, o luns 13 día, abordará a Implantación de CRM e email márketing para empresas turísticas, mentres que o segundo, previsto para o xoves 16, centrarase no Márketing dixital para restaurantes. En ambos casos comezarán ás 11,00 horas.

O luns 20 será a queda do emprendedor Celso Gómez, co faladoiro Como comunicar cos clientes das empresas turísticas superada a crise. O xoves 23 impartirá o curso Boas prácticas no márketing dixital para saír da crise. O programa actual, que poderá ampliarse en función da demanda, leva por título Google Analytics para hoteis e restaurantes e terá lugar o luns 29 a cargo de Tirso Maldonado. Sempre ás 11,00 horas.

Os docentes imparten formación específica e, ao realizarse en directo, responden ás dúbidas dos participantes. Así mesmo, ofrécese material informativo e documental e realízanse actividades de avaliación e ampliación dos coñecementos. A duración da actividade é de catro horas, das que ata dous corresponden a faladoiros en directo.

Formulario de inscriciónO programa completo de accións formativas está dispoñible no Espazo Profesional da web de Turismo de Galicia, onde os interesados poden acceder ao formulario de matrícula. Teñen participación prioritaria os propietarios de pequenas e medianas empresas, traballadores de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros así como outros profesionais do sector turístico.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre