Inicio Galicia A Xunta amplía a atención ás persoas con trastorno do espectro autista...

A Xunta amplía a atención ás persoas con trastorno do espectro autista coa creación de cinco prazas públicas nos centros de Aspanaes

0

Destina a esta entidade 2,1 millóns de euros, un 12% máis que en 2009, para financiar 114 prazas nos seus diferentes servizos


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta tarde que a Xunta vén de crear cinco prazas públicas de atención diúrna a persoas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) nos servizos de Aspanaes, ata ofertar na actualidade 114 en todos os recursos que esta entidade ten na comunidade. Fíxoo durante a visita ao centro de atención residencial e de día Coral Seoane en Ferrol, onde se habilitou unha destas novas prazas para sumar un total de 37 (30 na residencia e 7 no centro de día).

Fabiola García garantiu que a Xunta seguirá a traballar da man das entidades que realizan a súa actividade no ámbito da atención ás persoas con autismo, xa que canto mellor comprendamos esta situación mellor poderemos actuar na eliminación de barreiras que, a día de hoxe, dificultan o seu pleno desenvolvemento persoal e social. No caso de Aspanaes este compromiso plásmase nos 2,1 millóns que se destinan ao financiamento de prazas nos seus centros, un 12% máis que en 2009.

A conselleira sinalou que o Goberno galego está máis concienciado ca nunca na atención a persoas con TEA e as súas familias. De feito, onte mesmo se renovou o convenio de colaboración coa federación Autismo Galicia por un importe de 163.00 euros, un 42% máis do que recibía esta organización hai dez anos. Ademais, están en vigor os Orzamentos máis sociais da historia da nosa comunidade con 106 millóns de euros destinados á atención á discapacidade, un 63% máis que unha década atrás, e desde este ano as oficinas centrais da Administración autonómica contan con pictogramas que garanten a accesibilidade universal.

Doazón de Carrefour e visita á residencia de maioresFabiola García tamén asistiu ao acto de entrega de dúas furgonetas para Aspanes doadas pola Fundación Carrefour, onde destacou a importancia da unión de esforzos de administracións, entidades sociais e empresas para mellorar a calidade de vida das persoas que máis precisan de apoio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre