Inicio Galicia A Xunta amplía a Área de Rehabilitación Integral dos camiños de Santiago...

A Xunta amplía a Área de Rehabilitación Integral dos camiños de Santiago a 18 concellos máis coa inclusión de dúas novas rutas

0

O Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Ministerio de Fomento veñen de acordar a incorporación do Camiño de Inverno e do Portugués pola costa e tamén asinaron o convenio polo que se destinarán 1,5 millóns de euros ás axudas de 2019


A Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago estenderá o seu ámbito de actuación coa incorporación dos trazados do Camiño de Inverno e do Camiño Portugués pola costa. Así o acordaron o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento, que veñen de asinar esta ampliación, así como o convenio para o financiamento das actuacións a realizar nesta área en 2019.

Ata o momento, a ARI dos Camiños de Santiago incluía un total de 568 parroquias pertencentes a 108 concellos polos que transcorren as rutas do Camiño Francés, Inglés, Portugués, da Prata, do Norte, Primitivo e de Fisterra-Muxía.

Coa incorporación agora da ruta de Inverno e o trazado do Camiño Portugués pola costa, a área esténdese a outras 99 parroquias de 20 municipios, aínda que dous deles (Lalín e Redondela) xa estaban incluídos antes ao atoparse no percorrido dalgunha das outras rutas. Polo tanto, a ARI dos Camiños de Santiago comprenderá un total de 687 parroquias distribuídas entre 126 concellos.

NOVOS CONCELLOS INCLUÍDOS NA AMPLIACIÓN DA ARI CAMIÑOS DE SANTIAGO  CAMIÑO DE INVERNO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre