Inicio Galicia A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o...

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego

0
image_gallery.jpg

O aviso está xa activo na Coruña, e ao longo do día estenderase ás costas de Lugo e Pontevedra


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro deu comezo a primeiras horas desta mañá na provincia da Coruña, para estenderse a partir do mediodía ás costas de Lugo e Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre