Inicio Galicia A Xunta amplía a 1,1 millóns de euros as axudas destinadas a...

A Xunta amplía a 1,1 millóns de euros as axudas destinadas a concellos para realizar melloras nas escolas infantís

0

Un de cada cinco concellos galegos poderán realizar melloras nestes centros grazas a estas achegas

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta mañá, durante a súa visita a escola infantil municipal de Ribeira, a ampliación ata os 1,1 millóns de euros da orde de axudas para realizar obras de mellora, accesibilidade, adquisición de novo equipamento ou incorporación de novas tecnoloxías nestes centros educativos. Con este investimento, un de cada cinco concellos galegos poden realizar melloras nas súas escolas infantís, para que as nenas e nenos sexan atendidos na mellor das contornas.Á contía inicial de 712.000 euros, da que se beneficiaron 36 administracións locais, sumáselle agora 400.000 euros máis, para que outros 26 municipios poidan realizar actuacións nestes centros.

Coa ampliación desta orde, Fabiola García ratifica o compromiso da Xunta coas familias galegas, especialmente con aquelas que teñen nenas e nenos. Neste sentido, destacou que Galicia “necesita que os cidadáns do día de mañá, eses que hoxe teñen entre 0 e 3 anos dispoñan da mellor das atencións”. Ademais, subliñou que este obxectivo “require a implicación de todos: das empresas e as entidades sociais, pero tamén da Administración municipal e, por suposto, da Xunta de Galicia”.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

Melloras neste municipioA Escola Infantil Municipal de Ribeira veuse beneficiada por esta liña de subvencións. O Concello recibiu unha achega de 17.000 euros para instalar gas cidade na cociña do centro, un toldo para o patio exterior e mellorar o parque infantil exterior, un infraestrutura fundamental para calquera escola infantil.

Fabiola García sinalou que esta reforma “é froito do traballo conxunto e coordinado entre dúas institucións cun obxectivo común: facer de Galicia o mellor lugar para as familias”. Así mesmo, incidiu en que “sexa de quen sexa a competencia concreta, que cada escola infantil esta nun estado óptimo é algo que nos concirne a todos”.


- Te recomendamos -