Inicio Galicia A Xunta amosa o seu apoio ao comité de empresa de Meirama...

A Xunta amosa o seu apoio ao comité de empresa de Meirama para demandar unha solución industrial de futuro para a planta

0

Desde que hai case cinco meses se fixo público o anuncio de peche da central térmica, nin Naturgy nin o Goberno puxeron sobre a mesa alternativas reais para o mantemento do emprego


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou hoxe o apoio da Xunta ao comité de empresa de Meirama para demandar tanto a Naturgy como ao Goberno central unha solución de futuro para a planta de Cerceda. Fíxoo durante unha nova xuntanza que mantivo esta tarde cos representantes dos traballadores da central térmica.

Desde que hai case cinco meses se fixo público o anuncio de peche de Meirama, nin Naturgy nin o Goberno puxeron sobre a mesa alternativas reais para cubrir o baleiro industrial e laboral que se podería xerar na comarca.“Necesitamos que se concreten medidas, actuacións que permitan dar unha solución industrial e xerar empregos vinculados coa industria”, aseverou Conde. Neste sentido, ratificou que a Xunta comparte co comité a mesma preocupación polos 200 empregos que están en risco.

O conselleiro explicou que Xunta e comité de empresa acordaron trasladar, en primeiro lugar a Naturgy, “que plantexe unha solución industrial”; e ao Goberno, “que concrete eses compromisos que se anunciaron por parte da ministra para a Transición Ecolóxica para dar unha solución ao peche desta central térmica”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre