Inicio Galicia A Xunta amosa o día a día das persoas con síndrome de...

A Xunta amosa o día a día das persoas con síndrome de Down nunha exposición ao abeiro do proxecto CapacitARTE do Cermi

0

O edificio administrativo de San Caetano alberga unha mostra con imaxes que reflicten o día a día destas persoas, así como as actividades e programas que desenvolve Down Galicia

O edificio da Xunta en San Caetano acolle desde mañá unha nova exposición no marco da iniciativa CapacitARTE, unha mostra a prol dunha Galicia inclusiva e igualitaria que promove a Administración autonómica e Cermi Galicia. Nesta ocasión tócalle a quenda a Down Galicia, que amosa a través de imaxes o día a día deste colectivo, así como as actividades e programas que se desenvolven baixo o paraugas desta entidade social.

O Goberno galego ten entre as súas prioridades sociais avanzar na procura da igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal. Froito deste compromiso, en 2018 incrementáronse nun 8%, os orzamentos destinados ás persoas con discapacidade, ata situarse nun total de preto de 103 millóns de euros.

Desde a Consellería de Política Social se avoga por seguir estreitando a colaboración coas entidades e sumando esforzos para multiplicar os resultados en prol da inclusión. Ao mesmo tempo que se salienta o papel do Cermi e do conxunto do tecido social da comunidade polo seu traballo de sensibilización coa sociedade para que esta siga avanzando no recoñecemento da valía das persoas con discapacidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre