Inicio Galicia A Xunta amosa a súa aposta polas novas formas de economía que...

A Xunta amosa a súa aposta polas novas formas de economía que promoven o emprego de calidade

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, abriu en Vigo a xornada ‘Novas economías: é colaboración todo o que parece?’


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, abriu esta mañá en Vigo a xornada Novas economías: é colaboración todo o que parece? na que destacou a importancia de coñecer as novas realidades que xiran en torno a conceptos como a economía social, a circular, a colaborativa ou a solidaria, e o compromiso da Xunta pola economía social xa que promove o emprego de calidade.

A xornada tiña como obxectivo aclarar os conceptos destas novas formas de economía a través dunha metodoloxía activa e participativa onde tamén tiveron cabida casos reais e boas prácticas de cooperativas, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

A secretaria xeral trasladou o compromiso do Goberno galego neste eido con iniciativas como a Lei de Economía Social de Galicia ou a posta en marcha da primeira Estratexia de Economía Social que pretende sumar capacidades, sustentabilidade e identidade para fomentar este modelo. O obxectivo é incrementar as entidades da economía social activas, aumentar os empregos vinculados, conseguir máis mulleres promotoras e reducir o tempo de constitución deste tipo de entidades.

A continuación, a secretaria xeral, visitou as instalacións da empresa de inserción laboral Cormo Integral, especializada en traballos de xardinería tanto para particulares como para administracións públicas que, con máis dunha década en activo, é un exemplo de entidade da economía social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre