Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Lugo a partir de mañá.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da mañá, o litoral noroeste e oeste da provincia de A Coruña e o litoral lucense estará en alerta laranxa, que se estenderá ao suroeste da Coruña ao primeiras horas da tarde, con mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.