Inicio Galicia A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará mañá...

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará mañá ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

0

Tamén se activa o nivel de alerta laranxa por vento a partir das 04,00 do 1 de febreiro nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará ao litorais das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá, 1 de febreiro. Ademais, desde as 04,00 horas, quedará tamén activado o nivel de alerta laranxa por vento nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir de mañá, venres, mar combinada do oeste con ondas entre 8 a 9 metros e vento do oeste de forza 8, que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña e ao litoral da provincia de Pontevedra. No resto do litoral haberá nivel laranxa.

A Xunta alerta tamén dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento, de nivel laranxa, que se iniciará ás 04,00 horas do 1 de febreiro, e que afectará á Coruña, Lugo e Pontevedra. Haberá vento do sur e suroeste con rachas que poderán superar os 100 quilómetros por hora. Nas provincias de Lugo e Ourense haberá alerta laranxa por neve, que pode acadar acumulación de neve en 22 horas de 20 cm. Está previsto que de comezo esta noite.

Suspensión clases na Montaña de Lugo e OurenseA Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá, venres 1 de febreiro, a actividade lectiva nas zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e Montaña de Ourense debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará, na zona de montaña de Ourense a 1282 alumnas e alumnos de 17 centros en 12 concellos. Na montaña de Lugo quedarán sen clase 788 alumnas e alumnos de 14 centros en 11 concellos.

Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).

Suspensión actividades pesqueiras e marisqueirasPor mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Unha recomendación que é extensible á pesca deportiva e a outras actividades deportivas no mar. Tamén se insta a extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. . Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre