Inicio Galicia A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa no noroeste da...

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa no noroeste da provincia da Coruña e na Mariña Lucense

0

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña lucense. O resto do litoral galego está en alerta amarela. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa dará comezo esta tarde no noroeste da Coruña e a partir das últimas horas da tarde no litoral da mariña lucense. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros. No resto do litoral galego haberá nivel amarelo con mar combinada de ata 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. É preciso ademais evitar aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (https://www.axega112.gal/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre