Inicio Galicia A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa nas provincias da...

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa nas provincias da Coruña e Lugo

0

No noroeste e no oeste da costa da Coruña e no litoral de Lugo alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro con ventos do sur que poden acadar forza 8


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro comezará esta tarde e afectará ao noroeste e ao oeste da costa coruñesa e á Mariña luguesa. Agárdanse ventos do sur de forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades no mar naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre