Inicio Galicia A Xunta alerta de fortes ventos nas provincias de Pontevedra e A...

A Xunta alerta de fortes ventos nas provincias de Pontevedra e A Coruña con refachos que poden acadar os 110 Km/h

0

O CAE 112 Galicia recorda a necesidade de estremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por ventos nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do Noroeste que poden acadar refachos de 110 km/h no noroeste, oeste e suroeste da provincia de A Coruña e na zona das rías baixas e Miño, na provincia de Pontevedra. No resto da Comunidade os refachos de vento poderán acadar os 90 Km/h (nivel amarelo).

Ademais, recoméndase manterse permanentemente informado e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre