Inicio Galicia A Xunta agradece o traballo de Cruz Vermella para protexer aos máis...

A Xunta agradece o traballo de Cruz Vermella para protexer aos máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes da entidade en Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe o traballo sobre o terreo que están a realizar os voluntarios da Cruz Vermella en Galicia para atender ás persoas máis vulnerables durante a situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Nunha reunión hoxe por videoconferencia con representantes da entidade en Galica, Alfonso Rueda trasladoulles o importante labor que están a levar a cabo e destacou a súa disposición a colaborar sempre coa Xunta e tamén desta vez coa movilización de todos os seus medios para apoiar e ofrecerlles recursos e axuda ás persoas que máis o precisan durante a pandemia.

Alfonso Rueda gabou o traballo levado a cabo por Cruz Vermella e indicou que “nestes momentos onde tantos voluntarios están axudando ás persoas vulnerables e que agora o precisan máis ca nunca, están levando a cabo un traballo esencial e moi importante, e iso é o que dende a Xunta queremos destacar e poñer en valor”De feito, sinalou que os seus representantes manteñen un contacto permanente co Goberno galego para coordinar os medios cos que loitar contra o COVID-19. Así, desde a activación do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) veñen participando nas reunións da Sala de Control de Operativos (SACOP) xunto con representantes da Axencia Galega de Emerxencias, a Dirección Xeral de Emerxencias, Protección Civil e as forzas de seguridade.

O vicepresidente da Xunta incidiu no apoio da Administración autonómica ao seu traballo no día a día. Entre as accións que levan a cabo no marco do seu plan de continxencia do coronavirus destaca a xestión de varios albergues en distintos concellos galegos para acoller a persoas sin fogar, así como a colaboración cos servizos sociais dos municipios e cos efectivos de Protección Civil no reparto de alimentos, medicación e outros materiais.

Os voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella tamén prestan apoio psicolóxico e acompañan ás persoas maiores e que viven soas e, no ámbito sanitario, encárganse de colaborar nos traslados de pacientes infectados de coronavirus a centros sanitarios.

Por iso, Alfonso Rueda amosoulles o apoio da Xunta para que poidan continuar a realizar este traballo tan imprescindible e esencial, xa que levaron a cabo 1.329 intervencións de transporte sanitario, actuacións en n6 albergues con 270 prazas: 2 A Coruña con 100 prazas, Lugo (50 prazas), Pontevedra (50 prazas), Vigo (50 prazas) e Vilagarcía (25 prazas). 50.000 alarmas de teleasistencia, 59.000 chamadas de soporte social e 12.373 chamadas de información social e apoio psicolóxico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre