Inicio Galicia A Xunta agradece o esforzo dos profesionais do audiovisual galego e a...

A Xunta agradece o esforzo dos profesionais do audiovisual galego e a súa contribución á reactivación da cultura

0

A edición deste ano do OUFF, que conta co apoio do Goberno autonómico, reúne máis de 90 proxeccións e coa estrea de dúas longametraxes rodadas en Ourense

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na inauguración do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Verlo co apoio da Xunta de Galicia, onde puxeron en valor o traballo dos profesionais do audiovisual galego e a súa contribución á reactivación do sector e a incentivar o consumo cultural nun complexo contexto como o actual.

Trátase, ademais, dun compromiso compartido co Goberno autonómico, que mantén o seu apoio a eventos como este festival e que nos últimos meses está a reforzar a súa colaboración co sector a través do Plan de Reactivación do sector cultural, do que están en execución o 80% das medidas. Durante a inauguración tamén se puxo de manifesto a consolidación nacional e internacional dun evento como o OUFF, que este ano reúne máis de 90 proxeccións e coa estrea de dúas longametraxes rodadas en Ourense. Desde a Xunta animouse, ademais, a que o público participe nesta edición recordando que a cultura é segura grazas á gran batería de medidas e protocolos de actuación que se están a levar a cabo.

Durante a edición deste ano participarán un total de 14 películas. A primeira será Amanezca, da galega Lucía Álvarez, e tamén se proxectarán Olvido y León, Cartas Mojadas, El Agente Topo, La isla de las mentiras, Luarada e No me espera ninguén, entre outras. Ademais, a sección oficial do OUFF levará a Ourense longametraxes internacionais como Vivere, Verano del 85, True Mothers, Regreso a Hope Gap, Deux, Corpus Christi e Falling.

Por terceiro ano consecutivo, tamén terá lugar o OUFF en Curto, o certame de curtametraxes no que compiten 15 pezas, e do proxecto Fas Muvis: límite 48 horas, un concurso destinado ao fomento do audiovisual galego entre as novas xeracións co fin de aumentar a nova canteira de creadores do país no que seis equipos participan a contrarreloxo convertendo a cidade de Ourense en protagonista. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre