Inicio Galicia A Xunta agradece ás avoas e avós a súa dedicación no coidado...

A Xunta agradece ás avoas e avós a súa dedicación no coidado dos máis pequenos da familia

0

A través desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego en colaboración coa Cruz Roja, ofrécese asesoramento e axuda ás persoas maiores para o coidado dos seus netos

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu esta mañá ás xornadas sobre o programa Escola de avoas e avós educadores que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Cruz Roja. Alí agradeceu o seu papel no coidado dos máis pequenos da familia, un labor no que se lles asesora e axuda a través desta iniciativa.

Amparo González sinalou que non existe mellor mestre que unha avoa ou un avó, que educa desde a admiración, o cariño e a experiencia. Apuntou a directora xeral que, mediante este programa, preténdese complementar estas características coa posibilidade de compartir experiencias que axuden a afrontar situacións difíciles ou ferramentas para axudar ás novas xeracións en diferentes ámbitos.

Así mesmo, lembrou que o Goberno galego busca incrementar as opcións de conciliación para alixeirar os traballos dos nosos maiores. Neste sentido, nomeou medidas como o aumento das prazas públicas en escolas infantís, as axudas para a apertura de escolas infantís nos polígonos industriais, confrarías e cooperativas agrarias; o Bono Concilia, para axudar a pagar a escola infantil a aquelas familias que non puidesen acceder a unha praza pública; ou os Bonos Coidado, para a contratación puntual dun coidador ou dunha ludoteca.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre