Inicio Galicia A Xunta agarda que o Ministerio de Fomento traslade de forma oficial...

A Xunta agarda que o Ministerio de Fomento traslade de forma oficial unha resposta unívoca e baseada no interese xeral á proposta sobre a AG-55

0

A Consellería de Infraestruturas considera positivo que o Goberno de España se comprometese a analizar o convenio, en contraste co rexeitamento inicial declarado pola subdelegada do Executivo na Coruña

A Xunta de Galicia agarda que o Ministerio de Fomento traslade de forma oficial unha resposta unívoca á proposta conxunta do Goberno galego e do Concello de Arteixo sobre a AG-55, e que esa contestación se fundamente, ademais, na mellor defensa do interese xeral.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade considera positivo que o Ministerio de Fomento se comprometese onte a analizar e dar resposta ao borrador de convenio remitido, avanzando que valorará a súa “viabilidade e idoneidade conxuntamente coa Xunta de Galicia”.

Esta postura contrasta coas declaracións públicas feitas pola subdelegada do Goberno na provincia da Coruña rexeitando a proposta da Xunta.

O Goberno galego aclara que a proposta trasladada deberá, en todo caso, formalizarse co Executivo que se constitúa en España tras as eleccións do vindeiro 10 de novembro, e, como non podía ser doutro xeito, a proposta da Xunta se manterá con independencia do resultado deses comicios.

A proposta presentada o pasado martes responde á vontade da Xunta de contribuír a solucionar unha situación irregular e de conflito institucional en relación cos accesos ao Porto exterior da Coruña.

O Ministerio de Fomento aprobou no ano 2017 o estudo informativo da prolongación dos accesos ao porto de Langosteira que supón un investimento de 32 millóns de euros e non prevé ningún enlace co polígono do Vío.

Esa prolongación, que se mantén sen avances desde 2017, é obxecto dun recurso xudicial por parte do Concello de Arteixo. Ademais, o seu trazado é incompatible co plan sectorial viario da Xunta de Galicia para a comarca da Coruña, ademais de co Plan especial para a “vía de acceso ao porto exterior-conexión AC-14 ata o límite municipal de Arteixo” aprobado polo Concello da Coruña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre