Inicio Galicia A Xunta adxudicará unha vivenda en alugueiro no Porriño a unha familia...

A Xunta adxudicará unha vivenda en alugueiro no Porriño a unha familia en risco de exclusión social

0

A Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda cedida por SAREB

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda no Concello do Porriño a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación.

A vivenda que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por SAREB para ser destinada a alugueiro social e atópase emprazada neste concello pontevedrés.

Desde o ano 2015 a Xunta realoxou a 190 familias en situación de extrema necesidade en vivendas propiedade da Administración autonómica ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas polo Goberno galego. 

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -