Inicio Galicia A Xunta adxudica un estudo acústico no treito Goián-A Guarda da vía...

A Xunta adxudica un estudo acústico no treito Goián-A Guarda da vía de altas prestacións do Baixo Miño para avaliar a implantación de medidas correctoras

0

Os traballos foron adxudicados por un importe de máis de 7.000 euros e prevese telos rematados este mesmo ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a elaboración dun estudo acústico na Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño, CG-4.2, entre Goián e A Guarda, para avaliar a implantación de medidas correctoras.

Este estudo foi adxudicado á consultora Sincosur Ingenieria Sostenible, S.

L por un importe de máis de 7.000 euros e prevese telo rematado este mesmo ano.

O obxecto deste servizo é determinar a idoneidade de repoñer as pantallas acústicas que se colocaron na fase de execución nesta vía autonómica que, tras desprenderse varios módulos, foron retiradas por motivos de seguridade viaria.

No marco deste contrato modelizarase a estrada e identificaranse elementos singulares da mesma e as edificacións situadas na súa contorna, clasificándose segundo os usos que se diferencian na normativa en materia de ruído.

Os traballos permitirán avaliar o ruído de tráfico de acordo coa normativa técnica vixente. Deste xeito, obteranse os niveis sonoros e compararanse cos obxectivos de calidade acústica de aplicación en cada zona do ámbito de estudo, delimitándose as zonas onde se superen os obxectivos de calidade acústica.

Nas zonas onde se superen estes obxectivos de calidade acústica, proporanse e definiranse as medidas correctoras que sexan necesarias e incorporaranse ao modelo acústico xerado anteriormente para avaliar a súa efectividade mediante unha nova simulación e obtendo como resultado uns novos niveis de emisión.

Tras a finalización do estudo, o departamento de Infraestruturas da Xunta programará a execución das medidas derivadas do mesmo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre