Inicio Galicia A Xunta adxudica por preto de 935.000 euros as obras de mellora...

A Xunta adxudica por preto de 935.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-551, ao seu paso polos concellos de Bueu e de Marín

0

Xa están convocados os propietarios para os actos expropiatorios nos meses de xullo e agosto, co obxectivo de iniciar os traballos a finais de agosto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha senda peonil para executar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica PO-551, ao seu paso polos concellos de Bueu e Marín.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.

L., por un importe de preto de 935.000 euros, e o obxectivo é iniciar as obras a finais de agosto.

Dado que a dispoñibilidade de terreos é o condicionante para poder iniciar os traballos, o departamento de Infraestruturas da Xunta ten xa convocados os actos de levantamento de actas previas, para os días 2 e 3 de xullo, e para os actos de ocupación, para os días 20 e 21 de agosto, nos concellos de Bueu e de Marín. Estes procedementos realizaranse seguindo o estrito protocolo de medidas preventivas para evitar riscos de contaxio por mor da covid-19.

A intervención nesta estrada comezará pola execución de dúas novas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu, así como a mellora dunha intersección no concello de Marín.

Executaranse dúas glorietas no acceso á praia de Lapamán e na intersección coa estrada provincial EP-1304 e mellorarase a intersección de acceso á praia de Agrelo, no punto quilométrico 8+950. Na intervención inclúese a execución dunha senda que dará continuidade ata o acceso á praia de Lapamán.

Ademais reforzarase a sinalización dos pasos de peóns existentes nas parroquias de Cela e Bueu, coa instalación de semáforos con pulsador en dous deles e sinalización luminosa nos restantes. Estas intervencións incluíronse no proxecto, a pesar de non atoparse os pasos de peóns no treito cualificado como treito de concentración de accidentes.

Outras actuacións complementarias serán a instalación de captafaros, a substitución dos postes das barreiras e a renovación da sinalización horizontal.

Máis mellorasTras a análise das alegacións presentadas, o proxecto incorporará novas melloras nesta actuación da Xunta.

Introduce así o cambio de configuración na glorieta de Agrelo, que se desprazou á intersección contigua da inicialmente prevista para reducir a súa afección. Tamén na glorieta de Lapamán se realizou un axuste para reducir ocupación, pero de menor entidade, e mellorouse a conexión peonil coa vía de baixada á praia, habilitando ademais unha nova zona de aparcamento.

A maiores inclúese na actuación a mellora da intersección do punto quilométrico 7+320, no concello de Marín mediante a execución dunha cuña de saída que mellora a visibilidade e a seguridade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre