Inicio Galicia A Xunta adxudica por preto de 815.000 euros as obras de mellora...

A Xunta adxudica por preto de 815.000 euros as obras de mellora do firme en estradas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense

0

O inicio dos traballos, cun prazo de execución de 4 meses, prevese na segunda quincena de agosto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por preto de 815.000 euros as obras de mellora localizada do firme en catro estradas autonómicas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense.

Esta intervención, adxudicada á empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.

A., conta cun prazo de execución de 4 meses. O inicio dos traballos prevese na segunda quincena do mes de agosto.

As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas OU-105, OU-510, OU-537 e OU-538 ao seu paso polos municipios de Ourense, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

Máis en concreto, na estrada OU-105, actuarase dos puntos quilométricos 0 ao 4+250, ao seu paso polo concello de Ourense, e desde o punto 4+250 ao 5+129, en San Cibrao das Viñas.

Na estrada OU-510 as tarefas estenderanse do punto quilométrico 0 ao 5+179, no concello de Ourense, e na OU-537 desde o quilómetro 0 ao 3+948, no concello de Pereiro de Aguiar. A intervención na OU-538 comprende o treito que vai do punto quilométrico 0 ao 1+110, no municipio de San Cibrao das Viñas. Os traballos obxecto deste contrato prevén a mellora do estado do firme con actuacións de reparación, rehabilitación e reforzo, limpeza de gabias e reperfilado de noiros, así como o repintado da sinalización horizontal e reposición da sinalización vertical e balizamento.

Esta actuación na contorna industrial da cidade de Ourense vense sumar á infraestrutura estratéxica que o Goberno galego está a executar na zona: o acceso ao polígono industrial de San Cibrao das Viñas desde a A-52, que estará en servizo neste verán. A conservación en bo estado das infraestruturas viarias da rede autonómica é unha das prioridades do Xunta de Galicia. Con esta actuación o Goberno galego continúa a reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, ao tempo que impulsa investimentos para favorecer a actividade económica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre